Vén ao Festigal 2013. Xa queda menos!

Xa podes acceder ao programa do Festigal! Galiza Nova vén de presentar publicamente a programación do Festigal 2013, xunto a outros membros da comisión organizadora e da Fundación Galiza Sempre. Ademais, na rolda de prensa tamén participaron integrantes dos grupos musicais d´A Quenlla, Nao e Festicultores, que xunto a Sés actuarán a noite do 24 de xullo no palco do Festigal.
O Día da Patria, a partir das 17 horas, resoará no Café Concerto a música de Tempo Catro, Habelas Hainas, Os da Ría, Grampoder e García MC.

O Festigal, consolidado ano a ano, ofrece o 24 e 25 de xullo no Campus Sur de Santiago, unha ampla programación musical, encontros deportivos como o de fútbol gaélico (novidade nesta edición), presentacións de libros, debates… acompañando formativa e ludicamente a celebración do Día da Patria e a reivindicación da Soberanía para Galiza.

En www.festigal.com atoparás toda a información do Festigal 2013! Lembra que tamén podes participar dos traballos de organización do mesmo mandando un email ao nacional@galizanova.org.

Acode ao Festigal! Música, ideas, letras!