Ven ás xornadas de Galiza Nova en Caldas!

xornadas umiaEsta fin de semana celebramos en Caldas de Reis as  II Xornadas Galiza Nova Umia.

Na tarde do sábado, dende as 17:30 horas no local do BNG, celebraremos tres charlas. A primeira, impartida por Lucía Veciño e Eva Villaverde, será sobre o machismo e os medios de comunicación. A continuación, Bieito Lobeira profundizará sobre a importancia da organización nacionalista. Para concluír as palestras, Xosé Casal e Luís Bará farannos un percorrido dende a Galiza do Antigo Réxime ata a Guerra Civil na comarca do Umia. Posteriormente, as asistentes compartiremos unha cea de convivio.

O domingo 28 será o turno do ecoloxismo. Realizaremos un roteiro ecoloxista polo Río Umia con saída dende o Auditorio.

Non perdas estas interesantes xornadas formativas e achégate a Caldas!