Ven colaborar co mosaico humano pola independencia

mosaicoO internacionalismo e a solidariedade entre os pobos é o ADN da mocidade nacionalista galega. Por iso, facemos un chamamento a participar do Mosaico humano en apoio ao proceso de independencia de Catalunya que terá lugar este venres 25 de setembro ás 20hs na Praza da Quintana, en Compostela, organizado pola Plataforma Galiza con Catalunya, da que Galiza Nova forma parte.

Queremos unha vez máis enviar a solidariedade xuvenil con todos os pobos que loitan pola súa liberdade, sendo sabedoras de que o dereito de autodeterminación é un dereito inalienábel de toda nación, de que a soberanía nacional é indispensábel para un pobo autogobernarse e ter futuro e vida digna. Por todo iso, chamamos a participar do acto e enviamos novamente os mellores desexos de éxito para as candidaturas independentistas catalás.
Galiza e Catalunya, independencia!