Este sábado 17, a partir das 20h na praza do Concello de Ribeira, Galiza Nova organiza un magosto nacional popular para a mocidade.
Contaremos cun concerto de Espazo en Branco e despois unha foliada, para a que podedes traer o voso instrumento ou as ganas de bailar.
Achégate este sábado á Praza do Concello de Ribeira a partir das 20h. Baila, canta e loita para mudalo todo con Galiza Nova na Barbanza!