Participa este sábado en Ribadeo do obradoiro para detectar e combater os micromachismos, e que organiza a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova.Os micromachismo son estratexias e violencias cotiás que se exercen contra as mulleres para coartarnos e agredirnos. Seguramente esteamos rodeadas delas e por iso ten tanta importancia recoñecelas e actuar fronte estas situacións.
Animamos á mocidade de Ribadeo e da Mariña a achegarse, falar, debater e aportar novos puntos de vista co fin de conseguir unha sociedade igualitaria! Vémonos este venres ás 19:30h na Casa da Xuventude en Ribadeo.