Vén meterlle un gol á Unión Europea!

volantina_gn_ferrolferrolParticipa este venres ás 19h na Praza de Armas de Ferrol, do acto reivindicativo que Galiza Nova organiza fronte ás políticas da UE e do PPSOE que atacan á mocidade galega.

Poderás golear á Unión Europea e a toda esa panda de reaccionarios españolistas que nos abocan á miseria, á fame e á emigración. Ademais, neste acto presentaremos e debateremos das alternativas necesarias para Galiza e que o BNG defende no noso País e en Europa. Contaremos para o coloquio con Alba García Fariña, Responsábel Comarcal de Galiza Nova e con Alba Sánchez Castanedo, militante de Galiza Nova e candidata do BNG ás Eleccións Europeas.

Os nosos dereitos vs os seus privilexios!
A mocidade galega racha coa UE! Rebélate Galiza!