Ven mudalo todo! asembleas de mocidade xoves 12 e venres 13

cartaz campañaVivimos tempos de emerxencia nacional e social! A mocidade galega e o teu propio pobo precisan de ti! Por iso animámoste a participar na asemblea aberta de mocidade que este xoves 12 de febreiro e venres 13 terán lugar nos seguintes centros de ensino:

Xoves 12

-Allariz: IES de Allariz, ás 12:10h.
-Compostela: IES Antón Fraguas, aula audiovisual, 1ª planta, 12:25h.
-Ourense: IES Blanco Amor, na porta do instituto, ás 14h.
-A Coruña: IES Adormideiras, ás 10:25h.

Venres 13

– Ourense: IES As Lagoas, na porta do instituto, as 14h.

 

Convidámoste a participar neste encontro aberto no que poderemos falar e intercambiar ideas sobre as problemáticas da mocidade galega como os ataques que padece o estudantado galego debido aos recortes en ensino público e a aplicación da LOMCE ou a aplicación do 3+2 para que só os ricos poidan estudar. Queremos buscarmos xuntas e xuntos as alternativas necesarias para que na nosa nación a mocidade poida vivir, estudar e traballar con dignidade.

Debate, propón, actúa!