Ven tomarlle unha co Bloque no encontro xuvenil no Baixo Miño

bloqueParticipa este sábado 19, ás 19:30, na Praza do Reló da Guarda no encontro coa mocidade do Baixo Miño. Neste encontro aberto realizaremos un coloquio no que tamén participarán o Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, e a activista e candidata ao Parlamento Europeo Mírian Rodríguez, para falarmos das principais problemáticas que padece a mocidade da comarca como é o desemprego e a emigración xuvenís ou as carencias no transporte público.

Participa, achéganos as túas inquedanzas, propostas e alternativas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *