Vídeo da Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao

O 24 de Xullo Galiza Nova celebrou a Homenaxe da Mocidade a Rosalía e Castelao, un acto que xuntou a centos de mozas e mozos para honrar aos dous patriotas na véspera do Día da Patria, e que contou coa actuación musical de Caxade e o espectáculo poético musical de Aldaolado, e coas intervencións políticas de Lucía Veciño, Responsábel nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, Bieito Lobeira, Secretario de organización do BNG e de Alberte Mera, Secretario Xeral de Galiza Nova.

Audiovisual de GZ Vídeos