A mocidade galega con Catalunya

diadaNesta Diada 2015, a mocidade nacionalista queremos enviar unha vez máis todo o noso apoio e solidariedade nesta data tan importante para os Països Catalans, na que está a participar unha delegación de Galiza Nova, xunto ao Portavoz Nacional do BNG, Xavier Vence, e a nosa eurodeputada Ana Miranda.

Hai xa un ano daquela Diada do 2014 na que milleiros e milleiros de catalás e cataláns saíron ás rúas para reivindicar o dereito a decidir libre e democraticamente o seu futuro como nación. As mozas e mozos de Galiza Nova temos o convencimento de que o pobo catlán dará de novo un exemp’lo de dignidade e loita pola independencia.
Sen dúbida, esta Diada será todo un éxito e o apoio popular repetirase nas eleccións do día 27 ás forzas independentistas. A cercana consecución da autodeterminación de Catalunya dará forza e ánimo a todos os povos en loita para continuar adiante até a conquista da nosa independencia.

O camiño de Catalunya xa non ten volta atrás, e nel queremos acompañarvos.

Visca Catalunya lliure!
Viva Galiza ceibe e popular!