Visita a exposición fotográfica GalizaLGTBi en Compostela

presentación exposiciónEste venres 26 de xuño exporemos a colección fotográfica de imaxes de concursantes do certame fotográfico GalizaLGTBI organizado por Galiza Nova. Será este venres ás 17h na Praza Roxa, Compostela.

Son múltiples as barreiras no camiño cara a unha sexualidade que sexa, por riba de todo, libre e gozosa, mais urxe derrubalas. Sentímonos orgullos@s de sermos lésbicas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais. De nos reivindicarmos á marxe da norma que nos discrimina, e ao tempo, de loitarmos para derrubar esa norma e erguer unha nova sociedade: a Galiza libre, diversa e tolerante.

Porque canto máis visíbeis sexamos, máis libres seremos!