Xa en marcha a caravana da mocidade galega

c5c3Xa arrincou a Caravana da Mocidade Galega, que partiu de Vigo e que estará esta tarde na alameda de Cangas. Fará parada en máis de 40 localidades de toda Galiza co obxectivo de dar a coñecer a pé de rúa as propostas do BNG para a mocidade.

O Secretario Xeral de Galiza Nova, Alberte Mera, vén de presentar publicamente esta iniciativa da organización da mocidade nacionalista e que levará por toda a nación as principais medidas elaboradas pola organización xuvenil e que o BNG presenta no seu programa electoral para #UnTempoNovo.

Mozas e mozos nacionalistas, membros da candidatura do BNG, representantes públicos e a deputada Montse Prado xuntáronse para presentar esta iniciativa expansiva. O candidato nº1 pola provincia de Pontevedra, Luis Bará presentou as medidas urxentes para a mocidade ter futuro en Galiza, como o Plan Retorna para que a mocidade emigrada por mor das políticas de Feijóo poida voltar á terra para vivir e traballar.

Yésica García, candidata e Responsábel da Asemblea Comarcal de Galiza Nova en Vigo, cargou contra as políticas machistas de Feijóo que condenan as mozas á fenda salarial. Declarou que o BNG loitará sen tregua contra o heteropatriarcado e o terrorismo machista, para conquistar as liberdades sexuais, para recuperar os desmantelados e desvirtuados Centros Quérote para proporcionar un servizo público á mocidade de asesoramento afectivo-sexual científico, confidencial, que promova a diversidade e unha sexualidade libre, gozosa e segura.

Vémonos esta tarde na alameda de Cangas!

Podes seguir o día a día da caravana da mocidade galega e os lugares nos que estará cada día na web galizanova.gal e nas redes sociais da organización xuvenil do BNG co #mocidadeEnBloque.

c1

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *