Xa temos número premiado no sorteo das rifas que Galiza Nova editou neste outono de festa e rebeldía e que chegaron a todas as comarcas do País.
O sorteo constaba dun lote de 6 botellas de licores de sabores, unha mochila e camisola co escudo da Patria Galega e un boneco do Apalpador.
O número premiado foi o 966.
A persoa posuidora do número premiado, pode contactar no correo nacional@galizanova.gal para facerse cos agasallos. Agradecemos a todas as persoas que, mercando unha rifa, colaboraron coa loita da mocidade galega pola liberación nacional e social da Galiza.