O número premiado no sorteo organizado por Galiza Nova é o 310. A persoa posuidora da rifa con este número, vén de gañar o seguinte lote de libros:
- ‘O estudantado galego en loita. ERGA no movemento estudantil galego’. Contén o filme documental ‘Lume novo’. Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
- ‘Manifesto da Asambleia nazonalista de Lugo’. Fundación Galiza Sempre.
- ‘Do piñeirismo ao Consello da Mocidade. Rexurdir do nacionalismo galego’. Xoán Carlos Garrido Couceiro e Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Fundación Moncho Reboiras.
- ‘Pequeno Dicionario Nacional-Popular’. Fundación Bautista Álvarez de Estudos Nacionalistas.
- ‘O exilio de Castelao’. Bieito Alonso. Edicións A Nosa Terra.
- ‘Rosalía Castro. Notas biográficas’. Augusto G. Besada. Edición de Mª Pilar García Negro. Edicións A Nosa Terra.
- ‘Antón Alonso Ríos. O siñor Afraino’. Bieito Alonso. Edicións A Nosa Terra.
A persoa posuidora da rifa premiada deberá contactar coa nosa organización a través do correo electrónico nacional@galizanova.gal.
Grazas a todas e a todos por participar no sorteo e colaborar connosco mediante a compra das rifas de Galiza Nova.
No seguinte video, podedes observar como se realizou o sorteo a través da aplicación RANDOM: