Un ano máis, realizaremos as nosas Xornadas de Historia de Galiza. Terán lugar a última fin de semana de xaneiro (sábado 27 e domingo 28) na Coruña. Nesta XIX edición, a temática principal será a orixe da nosa nación na Historia Medieval e Antiga, mais tamén teremos roteiros sobre mulleres galeguistas, falaremos da cristianización de Galiza e debateremos sobre a construción nacional da Galiza.
PROGRAMA XIX XORNADAS HISTORIA DE GALIZA
27 e 28 de xaneiro, A Coruña
SÁBADO 27
11:00 Benvida e apertura das xornadas no Local do BNG da Coruña
11:30 Roteiro sobre as mulleres galeguistas, guiado por María Xosé Bravo, presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e Mercedes Queixas, escritora e secretaria da AELG.
14:00 Xantar
16:30 A Historia do Reino Suevo de Gallaecia, o primeiro de Europa. Intervirá Anselmo López Carreira, Historiador, especialista do Reino Medieval da Galiza
18:30 O roubo do Pazo de Meirás ao pobo galego. Intervirá Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña e coordinadora da Executiva do BNG
21:30 Cea e festa patriótica en Cambre
Durmida no pavillón de Cambre
DOMINGO 28
11:30 Roteiro arredor do espolio colonial da cidade da Coruña. Guiado por Manuel Monge e Xosé Lois Martínez, activistas da memoria
13:30 Cristianización de Galiza a través da arqueoloxía. Intervirá Felipe Senén, historiador e arqueólogo
15:00 Xantar
16:30 Debate: A Historia como peza fundamental na construción nacional da Galiza. Modera Alberte Fernández, historiador e Secretario Xeral de Galiza Nova
*INSCRICIÓN NAS XORNADAS: 18 EUROS QUE CUBREN ALOXAMENTO, COMIDA, CEA E ALMORZO. HABERÁ MENÚ VEXETARIANO. ANÓTATE NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL