Xornada de formación feminista en Compostela

Galiza Nova

25n

Participa da xornada de debate feminista que Galiza Nova organiza este sábado no bar As Dúas en Compostela.No marco da campaña Revírate contra a violencia machista, Galiza Nova realiza un debate aberto para afondar na formación feminista da mocidade. Desde as 11:30h deste sábado 23 até as 17h, diferentes compañeiras presentarán textos que debateremos entre todas.

Ademais, poderás xantar en As Duás menú vegano ou cárnico a prezos populares.

Se queres inscribirte ou simplemente recibir máis información, contacta con nós en gzncidadecompostela@gmail.com

Agardámoste!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *