Galiza Nova anima a participar das xornadas “As Irmandades da Fala en Compostela” organizadas pola Asociación Cultural O Galo, e que se desenvolverán o 13, 14 e 22 de outubro e o 21, 22, 24 e 25 de novembro na Facultade de Filosofía, na praza de Mazarelos de Santiago de Compostela.
As xornadas son de balde e para conseguir o certificado de asistencia cómpre ir ao 80% das sesións e rexistrarse previamente na web irmandadesdafala.wordpress.com onde se pode descargar o programa e máis información do evento, que se actualizará cada semana.
Xoves 13 de outubro de 2016
18.15 h. Benvida a asistentes
18.30 a 19.15 h. Antón Vilar Ponte. Perfís sociopolíticos do fundador das Irmandades da Fala
Doutor Emilio Xosé Ínsua López, profesor de Ensino Medio
19.20 a 20.05 h. Ideario político social de Ramón Vilar Ponte
Doutora María Pilar García Negro, profesora da Universidade da Coruña
20.10 a 21.00 h. Vixencia do ideario das Irmandades da Fala
Doutor Francisco Rodríguez Sánchez, profesor de Ensino Medio
21.00 h a 21.30 h. Coloquio
—
Venres 14 de outubro de 2016
18.30 a 19.15 h. Luís Porteiro Garea e a súa pegada nas Irmandades
Manuel Pazos Gómez. Departamento de Cultura do Concello de Oroso. Investigador
19.20 a 20.05 h. As Irmandades da Fala e o Partido Galeguista
Doutor Xusto González Beramendi, profesor emérito da Universidade de Santiago
20.10 a 20.55 h. A Irmandade compostelá: Agrarismo e sindicalismo operario
Xosé Ramón Ermida Meilán. Investigador
21.00 h a 21.30 h. Coloquio
—
Sábado 22 de outubro de 2016
12.00 a 14.00 h. Roteiro polos lugares de Santiago onde moraron ou realizaron actividades membros das Irmandades da Fala (Saída da rúa do Vilar n.o 21)
Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente da Fundación Castelao e investigador
—
Luns 21 de novembro de 2016
19.15 a 20.00 h. A prensa na Irmandade de Compostela
Rosa Aneiros. Consello da Cultura Galega. Xornalista e escritora
20.10 a 20.55 h. A estética dos artistas das Irmandades da Fala: Camilo Díaz e Francisco Asorei
Doutor Federico López Silvestre, profesor da Universidade de Santiago
21.00 h a 21.30 h. Coloquio
—
Martes 22 de novembro de 2016
19.15 a 20.00 h. Relacións entre os irmandiños Manuel Antonio, Dieste e Castelao
Doutor Xosé Luís Axeitos Agrelo, numerario da Real Academia Galega
20.10 a 20.55 h. A editorial Nós
Miguel Anxo Seixas Seoane, vicepresidente da Fundación Castelao e investigador
21.00 h a 21.30 h. Coloquio
—
Xoves, 24 de novembro de 2016
19.15 a 20.00 h. Santiago nos narradores das Irmandades. A particularidade de Otero Pedraio
Doutora Carmen Fernández Pérez-Sanjulián, profesora da Universidade da Coruña
20.10 a 20.55 h. Teatro e coros na Irmandade da Fala en Compostela
Doutora Laura Tato Fontaíña, profesora da Universidade da Coruña
21.00 h a 21.30 h. Coloquio
—
Venres 25 de novembro de 2016
19.15 a 20.00 h. Os poetas na Irmandade de Santiago
Doutora Teresa López Fernández, profesora da Universidade da Coruña
20.10 a 20.55 h. As mulleres na Irmandade de Compostela
Encarnación Otero Cepeda, profesora de Ensino Medio
21.00 h a 21.30 h. Coloquio