Galiza, Euskal Herria e os Països Catalans realizaremos diversos actos reivindicativos este xoves, día da coroación de Felipe VI, para reclamar a fin do Reino de España e polo dereito a decidir dos pobos.
No noso país realizaremos protestas nas principais vilas e cidades en prol da República Galega. As forzas soberanistas de esquerda das tres nacións: BNG, CUP e EH Bildu rexeitaremos nas rúas a sucesión e a perpetuación do Reino de España e reivindicaremos o dereito a decidir das nosas nacións.
Horas e lugares das protestas na Galiza:
A Coruña, 20h: Casa do Mar.
Ferrol, 20h: Prazo do Himno Galego.
Compostela, 19.30h: Praza de Praterías.
Lugo, 19h; Diante da Subdelegación do Goberno.
Ourense, 20h: Praza Maior.
Pontevedra, 20.30h: Praza da Peregrina.
Vigo, 20h: Na cruz do Castro.
Vilagarcía de Arousa, 20.30h: Praza da Galiza.
Burela, 20.30h: Praza da Mariña.
Cangas, 20.30h: diante do Concello.
O Barco, 20.30h: diante do Concello.
Boiro, 20.30h: diante do Concello.
Noia, 20.30h: diante do Concello.
Monforte, 20.30h: Praza de España.