Un ano máis, realizaremos as nosas Xornadas de Historia de Galiza. Terán lugar a primeira fin de semana de febreiro (sábado 4 e domingo 5) entre Ourense e Allariz. Nesta XVIII edición, a temática principal será a historia recente do nacionalismo, mais tamén debateremos sobre feminismo e cuestión LGTBI e coñeceremos en profundidade a incidencia do nacionalismo na transformación do Concello de Allariz.
PROGRAMA XVIII XORNADAS HISTORIA DE GALIZA
4 e 5 de febreiro, Ourense-Allariz
SÁBADO 4
11:30h- Presentación das Xornadas e benvida
12:30h- Palestra: “Historia do nacionalismo galego dende 1963 até 1982”
14:00h- Xantar
15:30h- Palestra: “Historia do Bloque Nacionalista Galego e Galiza Nova”
17:00h- Roteiro da Esmorga
19:30h- Palestra: “Mulleres na loita antifranquista”
21:30h- Cea
23:00h- Festa
DOMINGO 5
11:00h- Roteiro: “O Nacionalismo transformando o País: o exemplo de Allariz”
13:00h- Debate: “Debate: avances no eido LGTBI. Que fica por facer?”
14:15h- Xantar
15:30h- Palestra-Coloquio: “Soberanía como solución para o futuro da mocidade”
*INSCRICIÓN NAS XORNADAS: 15 EUROS QUE CUBREN ALOXAMENTO, COMIDA, CEA E ALMORZO. HABERÁ MENÚ VEXETARIANO. ANÓTATE NO NACIONAL@GALIZANOVA.GAL