XXIII Xornadas da Historia

Os próximos 17, 18 e 19 de marzo terán lugar as XXIII Xornadas de Historia de Galiza Nova en Rianxo (A Barbanza). A temática das mesmas xirará arredor da cuestión de nacionalismo galego.

Programa

Venres, 17

19:00h. Benvida e presentación das Xornadas.

19:30h. “Nacionalismo galego para dummies“, con Olalla Rodil.

21:30h. Cea.

22:30h. Proxección do documental “Setembro 1972 – Unha folga que mudou a nación”.

Sábado, 18

09:00h. Almorzo.

10:30h. “O pensamento político de Castelao”, con Manuel Rei.

12:00h. Pausa.

12:30h. “Nacionalismo galego dende os anos 60 ata os 90”, con Manuel Mera.

14:30h. Xantar.

16:30h. Coñecemento da contorna. Roteiro pola vila de Rianxo.

19:00h. “Nacionalismo galego na actualidade”, con Montse Prado.

21:30h. Cea e foliada.

Domingo, 19

09:30h. Almorzo

11:00h. Proxección do documental “20 anos de dignidade”.

12:00h. Mesa redonda: “Nacionalismo galego: a autoorganización como piar fundamental”, con Bieto Lobeira e Marta Dacosta.

14:30h. Xantar.

16:30h. “O papel de Galiza Nova na loita pola República Galega”.

17:30h. Clausura das Xornadas.

 

O prezo de inscrición é de 15€. Podes participar enchendo este formulario.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *