Hoxe presentamos as XXIV Xornadas da Historia de Galiza, que terán lugar fin de semana do sábado 13 e domingo 14 de abril en Padrón . Nesta ocasión, centraremos as actividades e os contidos arredor da figura de Rosalía de Castro e o feminismo.
A continuación, deixámosvos a programación por días:
SÁBADO 13
10.00 – Chegada e benvida.
10.30 – Palestra-coloquio: ‘Perspectiva LGBT feminista na literatura de Rosalía de Castro’ con Paco Rodríguez.
12.00 – Pausa – café.
12.30 – Actividade ‘O fío lilá da historia 1’
14.00 – Xantar.
16.30 – Visita guiada á Casa Museo Rosalía de Castro con Anxo Angueira.
18.30 – Actividade ‘O fío lilá da historia 2’
20.00 – Realización dunha faixa contra os eólicos.
21.30 – Cea e foliada.
DOMINGO 14
09:30 – Almorzo.
10:00 – Roteiro por Castro Valente.
11.30 – Colocación da faixa contra os eólicos.
15.00 – Xantar.
17.00 – Valoración das xornadas.
17.30 – Despedida.
Para anotarte, preme nesta ligazón.