Os próximos días 22, e 23 de setembro, terán lugar na Comarca do Morrazo as XXIX
Xornadas de Verán da Mocidade Galega. Dentro da campaña de celebración e conmemoración do noso 30 aniversario, desde Galiza Nova pretendemos achegar á mocidade unhas xornadas centradas nos nosos 30 anos de historia
As Xornadas centraranse nas localidades de Moaña e Vilaboa. Participarán nela numerosos referentes do nacionalismo galego que pasaron por Galiza Nova e serán obxecto de análise e debate cuestións coma a historia da nosa organización, a creación e funcionamento da asemblea de mulleres, así como a loita polas condicións laborais dignas no noso país ou polo ensino público galego de calidade.
As comidas e a durmida están incluídas no programa das xornadas.Podes anotarte no nacional@galizanova.gal enviándonos o teu nome, apelidos, concello e teléfono de contacto.
Programación das xornadas:
SÁBADO 22
11:00 Benvida no local comarcal por parte do responsábel comarcal de Galiza Nova Paulo Rios (Kai) e de Leticia Santos, Alcaldesa de Moaña
Presentación das Xornadas por parte do secretario xeral Alberte Fernández e o responsábel comarcal de Galiza Nova Paulo Rios.
11:30 Mesa redonda: Galiza Nova ao longo dos seus 30 anos de historia
- Lucía López, Responsábel de Organización de Galiza Nova 2009-2011
- Bieito Lobeira, Secretario xeral de Galiza Nova 1992-1996 e secretario de organización do BNG.
- Rubén Cela, Secretario Xeral de Galiza Nova 2000-2004 e membro da Executiva do BNG.
- Alberte Fernández, Secretario Xeral de Galiza Nova
13:00 Mesa redonda: A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova
- Begoña Ares, ex-Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres
- Rebeca Cambeiro, actual Responsábel da Asemblea de Mulleres
14:00 Xantar
18:00 Palestra: Acción sindical nacionalista na defensa do emprego na Galiza
- Paulo Carril, Secretario Xeral da Confederación Intersindical Galega
22:00 Asistencia ao festival Canteira Fest no concello de Vilaboa
Durmida no pavillón do Toural (Vilaboa)
Domingo 23
10:00h Almorzo
11:30 As carpinterías de ribeira: As embarcacións tradicionais da Galiza
- Palestra sobre a historia das nosas embarcacións tradicionais no asteleiro de Carlagho (Moaña)
- Saída en embarcacións tradicionais pola ría
14:00 Xantar
16:00 Mesa redonda: A loita polo ensino público galego
- María Traba, activista dos CAF e Comités, Responsábel comarcal dos Comités na Coruña
- Alberte Calo, foi membro do Consello Nacional da Liga Estudantil Galega, actualmente forma parte da Dirección Nacional de Galiza Nova.
- María Bará, integrante do Consello Nacional de Erguer e da Dirección Nacional de Galiza Nova
- Claudia Quintela, foi integrante da Coordinadora Nacional dos Comités e do Consello Nacional de Erguer. Actualmente é a responsábel de organización de Galiza Nova.
17:30 Clausura das xornadas a cargo de Paulo Rios. Canto do himno nacional.