Os vindeiros días 15 e 16 de febreiro terán lugar en Arzúa as vixésimo quintas xornadas de formación de inverno de Galiza Nova. A redor do espolio colonial que sufre o noso país ante a proxección do proxecto de Altri nesta comarca, serán dous días de coñecer esta problemática concreta, así como a contorna da localidade a través de roteiros, palestras e actividades formativas e de debate.
As xornadas terán un custe de 20€ para cubrir os gastos de manutención e durmida. Podes anotarte AQUÍ
PROGRAMA:
SÁBADO
• 10:00 – Chegada e benvida
• 10:30 – Palestra e coloquio: “Os desafíos ambientais para a Galiza” con Froilán Pallín (Secretario Xeral de ADEGA)
• 12:00 – Pausa café
• 12:30 – Actividade formativa: “Técnicas de debate e argumentación política”
• 14:00 – Xantar
• 16:30 – Actividade de debate
• 18:00 – Roteiro pola localidade de Arzúa con: Xoán Xesús Carril (Alcalde de Arzúa), Iria Carreira (Responsábel comarcal do BNG da Montaña e deputada no Parlamento Galego) e Lucía López (Responsábel Nacional de Organización do BNG e Voceira Municipal de Arzúa)
• 20:00 – Descanso até a cea
• 21:30 – Cea e foliada no bar “Pedrito”. CONCERTO SORPRESA
DOMINGO
• 10:30 – Almorzo
• 11:00 – Desprazamento ao concello de Santiso
• 11:30 – Recibimento por parte de Manuel Adán (Alcalde de Santiso) e roteiro pola localidade.
• 13:30 – Acción simbólica contra Altri
• 14:00 – Xantar en Santiso
• 16:00 – Volta a Arzúa
• 17:00 – Valoración das xornadas e despedida.