Os vindeiros días 28 de febreiro e 1 de marzo terán lugar no Morrazo as XXVI Xornadas de formación de inverno de Galiza Nova. Entre os concellos de Cangas e Moaña, desenvolveremos debates, palestras, coloquios, roteiros e demais actividades formativas arredor da historia do noso país, da necesidade de encadrar unha praxe antifascista adecuada á realidade galega ou da importancia da coherencia militante. Ademais, coñeceremos a contorna da comarca e aproximarémonos á organización das loitas socias nela.
As xornadas terán un custe de 20 € para cubrir os gastos de manutención e durmida. Podes anotarte na SEGUINTE LIGAZÓN.
PROGRAMA:
SÁBADO:
– 10:00 h: Chegada e benvida
– 10:30 h: Actividade formativa: “Debate sobre antifascismo e antimilitarismo”
– 12:00 h: Pausa café
– 12:30 h: Palestra e coloquio: “A quen lle importa o Reino de Galiza? Algunhas achegas desde o século XXI” con Carlos Lixó
– 14:00 h: Xantar
– 16:00 h: Roteiro en Cangas: “Conflito social, autoorganización e represión” coa Asociación Mar de Pedra
– 17:30 h: Palestra e coloquio: “A necesidade dun novo paradigma para a historia do nacionalismo galego e a Revolución de 1846” con César Caramés
– 19:00 h: Actividade formativa: “Coñecemento da historia de Galiza a través dun xogo cooperativo”
– 21:00 h: Cea na Talangreira do Beque
– 22:00 h: Sesión DJ
DOMINGO:
– 10:00 h: Almorzo
– 11:00 h: Actividade formativa: “A importancia da coherencia militante”
– 13:00 h: Coñecemento e organización dunha reivindicación política comarcal: a cuestión da sanidade
– 15:00 h: Xantar e valoración das xornadas
