Os días 14 e 15 de setembro celebraremos na comarca do Baixo Miño as XXX Xornadas de Verán da Mocidade Galega. O programa consta de palestras, debates e actividades ao aire libre que procuran achegar unha formación completa e proveitosa para a militancia e simpatizantes de Galiza Nova.

Nesta ocasión o tema escollido como fío condutor das xornadas será a loita sindical nacional e de clase. Ollando a situación de crecente precariedade laboral, de falta de oportunidades na terra, e de extrema terciarización da economía, faise precisa a análise e o coñecemento das ferramentas que temos a mocidade da clase traballadora galega para loitar polos nosos dereitos nos postos de traballo. Ademais, continuando co feito nas anteriores xornadas de inverno, as asistentes contarán con textos de apoio que permitirán achegarse en profundidade ás temáticas propostas e facilitar o debate.

Todo isto complementarase coas actividades de coñecemento da contorna e de lecer. Aproveitando a localización contaremos cun roteiro guiado sobre a figura de Alonso Ríos (Siñor Afranio), destacado galeguista que organizou a resposta na zona contra o golpe fascista do 1936.

PROGRAMA DAS XXX XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA

Sábado 14

10:45 Presentación das xornadas e actividade de inicio

11:15 Palestra 1: Sindicalismo actual na Galiza. A representación sindical e a CIG.

12:15 Palestra 2: Mártires de Sobredo. Palestra sobre a loita contra o foros na contorna.

13:30 Homenaxe aos Mártires de Sobredo en Guillarei (Tui)

14:30 Xantar

15:30 Palestra 3: Organización obreira en grandes empresas e conflitos sectoriais

16:30 Mesa redonda con representación de diversos sindicatos

18:00 Palestra 4: Organización obreira nas pequenas e medianas empresas

19:30 Actividade 1: Coñecemento do entorno

21:30 Cea e foliada

Domingo 15

10:30 Palestra 5: Organización e loita sindical das mulleres. O caso da folga en Bershka

12:00 Actividade 2: Roteiro do Siñor Afranio (guiado)

14:00 Xantar

15:30 Actividade 3: Obradoiro de debate.

Fai a túa inscrición no correo nacional@galizanova.gal. Indica datos de contacto e, se for preciso, necesidades/preferencias alimentarias.

*A inscrición inclúe todas as comidas e a durmida, que se realizará nun aloxamento do Monte Aloia.

One Comment

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *