XXXII Xornadas de formación de verán

Galiza Nova celebra as súas XXXII Xornadas de formación de verán os próximos 7, 8 e 9 de outubro en Cabana de Bergantiños. A temática destas xornadas estará centrada na maneira na que se articula o ocio e o lecer baixo o sistema capitalista e as ferramentas e alternativas que as persoas, especialmente a mocidade, temos para xestionalas.

Se tes interese en acudir, podes anotarte a través deste formulario.

A programación das xornadas é a seguinte:

Venres 7
20h-21h – Chegada e recepción
21:30h –  Cea
22:30h – Cinefórum: As costas do mundo (La espalda del mundo)

Sábado 8
9:00h – 9:30 Almorzo
9:30h – 11:30h Palestra: Tempo e Lecer
12:00h – 14:00h Que pensaría Serxio da Crica?
14:30h – 16:30h Xantar
16:30h – 19:30h Roteiro: Sufocando a hipocrisía. (Actividade alternativa a cuberto en caso de choiva)
20:30h – 21:30h Avaliación colectiva
21:30h – 22:30h Cea
23:00h – Pinchada

Domingo 9
10:00h – 14:00h Visita ao MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia)

No seguinte documento atoparás o material necesario para poder participar dos debates e as actividades:

Dossier Formativo – XXXII Xornadas de Formación – Ocio, Lecer e Consecuencias Laborais – Galiza Nova