PROGRAMA XORNADAS DE VERÁN DA MOCIDADE GALEGA
“PARTICIPAR POLITICAMENTE NO 2023”
16 e 17 de Setembro, Vilanova de Arousa (O Salnés)
Introdución
Como cada ano, chegan as Xornadas de Verán da Mocidade Galega. Unha forma de fomentar cuestións como a cultura, feminismo, a lingua ou o medio natural para achegar valores fundamentais á mocidade galega.
Desta volta, as xornadas celebraranse os días 16 e 17 de setembro en Vilanova de Arousa nos que convivirán a elaboración de actividades de diversa índole, a discusión de contidos teóricos e a elaboración de obradoiros prácticos tendo como pano de fondo compartir espazo e experiencias.
Estas xornadas están dirixidas a toda a mocidade galega de entre 15 e 30 anos e terán o seguinte programa:
Sábado 16 de Setembro
10.00 -> Chegada e benvida.
10.30 -> Mesa redonda “Coñecer as loitas no Salnés”. Participarán asociacións e colectivos locais, nomeadamente os formados por persoas mozas, como “Erguer. Estudantes da Galiza” ou “Avante LGBT”.
12.00 -> Descanso
12.30 -> Dinámica de grupos “Asociacionismo e papel da mocidade no ámbito das asociacións: o caso do ensino”
14.30 -> Xantar
16.30 -> Obradoiro “Ferramentas para a promoción do asociacionismo e a colectividade entre a mocidade galega”
18:30 -> Obradoiro de música tradicional: Iniciación á pandeireta galega.
20.30 -> Valoración das actividades.
21.00 -> Cea e foliada
Domingo 17 de Setembro
10.00 -> Almorzo.
11.00 -> Roteiro “Coñecendo as paisaxes naturais da comarca do Salnés”
14.00 -> Xantar.
16.00 -> Obradoiro “O uso das redes sociais como ferramenta de comunicación”
17.00 -> Peche.
Para anotarte ou recibir máis información envía un correo a nacional@galizanova.gal