Os vindeiros días 20 e 21 de Setembro terán lugar en Verea, Bande e Celanova as trixésimo quintas xornadas de formación de verán de Galiza Nova. Serán dous días de coñecer as problemáticas que máis afectan ao noso rural, así como a contorna a través de roteiros, palestras e actividades formativas e de debate.
Podes anotarte enviando un correo a nacional@galizanova.gal
PROGRAMA:
SÁBADO
- 10.00 – Chegada e Benvida
- 10.30 – Mesa redonda: “O potencial enerxético da Galiza”
- 12.00 – Pausa café
- 12.30 – Actividade de debate: “O mundo dixital para a difusión de mensaxes”
- 14.00 – Xantar
- 15.30 – Palestra: “Comunicación en redes sociais”
- 16.45 – Coloquio: “A xestión forestal en Galiza”
- 18.15 – Roteiro polo concello de Verea
- 21.00 – Cea
- 22.00 – Concerto de Pappaquino
DOMINGO
- 10.30 – Almorzo
- 11.30 – Visionado de documentais (‘Asolagados’ e ‘Cinzas’) + Actividade posterior. Ao remate desprazamento a Celanova
- 14.00 – Xantar e valoración das xornadas
- 16.00 – Roteiro por Celanova
