Libérate coa túa lingua en Valdeorras!

acto barcoNon podes perder o coloquio e recital  sobre o gran poeta e liberador do pobo, Manuel María, que Galiza Nova organiza no Barco de Valdeorras este luns 25 de abril, ás 19:30, na Sala Multiusos do Concello Novo (3º Andar).

Para falar sobre o autor homenaxeado nas Letras Galegas de 2016, contaremos coas intervencións de Daniel Calvo, estudante de Filoloxía Galega na USC e coa interpretación musical dalgúns poemas de Manuel María grazas ao cantautor Magín Blanco. Ademais contaremos cun recital aberto no que entre todas e todos os asistentes recitaremos versos de do homenaxeado.

Anímate e achégate. Libérate coa túa lingua!