Por unha patria soberana!

O vindeiro 15 de Setembro, o BNG organiza unha manifestación nacional baixo o lema “Por unha patria soberana. Desde Galiza Nova, facemos un chamamento á mocidade e á cidadanía en xeral para achegarse a Compostela para reclamar unha Galizaplenamente soberana.  Defendamos a autodeterminación nacional e a creación dun Estado galego propio; posto que só así poderemos aspirar a unha sociedade cualitativamente distinta, que supere as inxustizas da actual, e onde a igualdade e a democracia sexan reais.

Por unha patria soberana!

Achégate a Compostela para garantir unha mellora nas condicións de vida e benestar social para a mocidade e para o conxunto dos galegos e galegas. Achégante, en definitiva, a Compostela para rexeitar a emigración xuvenil e para defender o emprego digno na nosa terra!

Pola República da Galiza!por unha patria soberana