seguimos en marcha por Galiza

rEsta semana deixamos Ourense para subirmos até Sarria, Vilalba, Ribadeo, Lugo, e chegamos até Muxía e Carballo.

A Caravana da Mocidade Galega continúa a percorrer as localidades galegas para dar a coñecer as propostas do BNG para a mocidade.

Este días centrámonos nas propostas do Bloque para crear emprego digno, de calidade e con salarios xustos na nosa terra. Por iso o BNG comprométese coa sociedade galega a traballa por:

-Aprobación e desenvolvemento dun Plan Plurianual de Emprego Xuvenil, que conceda preferencia á inserción laboral nos sectores estratéxicos da nosa economía, coa finalidade de asegurar o relevo xeracional nestes sectores e, ao tempo, garantir unha Galiza viva e equilibrada territorialmente.r2

—A Xunta de Galiza non colaborará nin contratará por vía das ETT nin empresas que o fagan.

—Aposta polo respecto do principio de causalidade para toda a contratación temporal, derrogando toda normativa que non o respecte, así como penalizar a contratación temporal.

—Estabelecemento da remuneración de prácticas e contratos de formación, cando menos, no Salario Mínimo Interprofesional, defendendo o seu aumento.

whatsapp-image-2016-09-10-at-19-33-39-Reforzo do Servizo Público de Emprego de Galiza e cumprimento da recomendación da Comisión Europea sobre Garantía Xuvenil, para que as persoas menores de 25 anos reciban unha boa oferta de emprego, formación continúa ou prácticas, nun prazo non superior a catro meses tras quedar en situación de desemprego ou finalizar a formación regrada.

—Promoverase a creación de micro créditos para financiar proxectos de emprego xuvenil.

—Medidas de apoio para apoiar a constitución de cooperativas ou sociedades anónimas laborais e promoverá a formación en materia de economía social, así como a participación do sector nos órganos de representación institucional correspondentes.

r3—Plan Retorna. Elaboración con participación social e sectorial de medidas específicas (e transversais aos sectores a reactivar) para favorecermos a recuperación da nosa xuventude emigrada.

-Traballar pola recuperación dos dereitos laborais eliminados e avanzar en novas conquistas que garantan un país de traballo digno e de calidade. Presionar desde a Galiza para a derrogación das reformas laborais lesivas para a clase traballadora, confrontando coas decisións de Madrid.

-Traballar desde Galiza pola creación dun marco galego de relacións laborais. Isto implica ter como obxectivos convenios de ámbito galego mais tamén que, entodo o caso, os convenios de nivel superior ao de empresa teñan prevalencia sobre os de rango inferior e tamén os estatais. Igualmente os acordos sobre materias concretas ou acordos de estrutura a nivel de Galiza deben prevalecer sobre aqueles de ámbito estatal de semellantes características.

—En tanto non for posíbel garantir un cambio na lexislación estatal, promoverase un acordo entre as centrais sindicais e as confederacións empresariais para potenciar a negociación colectiva no marco galego.

—Demanda da competencia a respecto da inspección laboral e plan de intensificación dos controis da Inspección de traballo sobre a causalidade da contratación así como sobre a economía irregular, especialmente nos sectores e colectivos de maior incidencia co fin de promover o emprego estábel e con dereitos.

—Demanda da transferencia de todas as políticas de formación continua e de fomento do emprego para Galiza. Potenciaranse os servizos públicos de emprego para a busca activa de traballo adaptándoos ás particularidades socioeconómicas do noso país.

—Promover a redución da xornada laboral até as 35 horas semanais como medida do reparto do traballo, sen redución de salario. Promover un mellor reparto do tempo de traballo con horarios laborais encamiñados a facilitar a corresponsabilidade e o desfrute do tempo de lecer, así como incentivar a redución do horario semanal e limitar a realización de horas extraordinarias.

—Aplicación e ampliación do marco laboral vixente canto a políticas de igualdade e conciliación no eido laboral.

—Rescisión dos contratos da Xunta coas empresas que non cumpran a igualdade salarial e laboral entre homes e mulleres. Incluír nos pregos de contratación garantías laborais e límites ás subcontratacións e ás empresas de traballo temporal.

—Oposición ás deslocalizacións das empresas radicadas en Galiza, adoptando políticas impeditivas e disuasorias, excluíndo a percepción de axudas e contratacións públicas ás empresas que leven a cabo o desprazamento total ou parcial do traballo ao exterior na procura do abaratamento baseado na redución das condicións laborais dos traballadores e traballadoras.

—Revisión das políticas de fomento de emprego deseñando unha estratexia global que teña como obxectivo a creación de emprego estábel e con condicións laborais dignas. Para iso, revisaranse as subvencións ás contratacións para eliminar as xenéricas e priorizar a aqueles colectivos de difícil inserción.

—Plan Galego contra a Sinistralidade Laboral que fomente a formación en prevención de riscos laborais e o control nos sectores que tenden a un elevado número de accidentes no traballo, a redución de horas da xornada laboral nas tarefas de máis risco, estabeleza mecanismos de promoción profesional para as persoas traballadoras que desenvolvan as actividades en ambientes perigosos para a saúde e o deseño de actuacións específicas para paliar a alta sinistralidade no mar e no agro.

—Promover un Estudo galego de riscos e enfermidades laborais para avaliar rigorosamente os riscos específicos das profesións que pola estrutura socioeconómica do país poidan ter un impacto concreto no territorio (por exemplo, canteiras e louseiras) e deseñar medidas específicas desde a Xunta de Galiza en colaboración co Sergas.

—Plan de garantía das pensións, derrogando as últimas reformas do sistema público de pensións pois, para alén de implicar demorar o desfrute e unha caída nas contías supoñen unha medida negativa na creación de emprego ao retrasar a idade de xubilación e dificultar o acceso de outras persoas ao mundo laboral.

—Creación dunha comisión de estudo integrada por expertos, axentes sociais e forzas políticas para determinar as medidas a adoptar para garantir a viabilidade do sistema público de pensións, especialmente na hipótese de a Galiza -no marco dun novo status político- asumir a xestión integral da Seguranza Social. En calquera caso, o obxectivo é mellorar contía das pensións e acurtar a distancia entre a pensión media na Galiza e a media estatal.