Este venres día 2 de xuño ás 19h. no Bar Batallón (rúa Martín Códax, n.17 baixo) a Comarca de Galiza Nova Vigo organiza un coloquio sobre temática LGTBI na cidade viguesa.
Daremos unha visión sobre a loita polos dereitos LGTBI na Galiza. Para isto contaremos coa activista transfeminista Laura Bugalho que nos falará sobre a situación do transfeminismo na Galiza. Tamén se dará unha visión do papel da nosa organización no ámbito LGTBI para isto contaremos coas intervencións de María Bará e Xandre Garrido. Membros da Asemblea Nacional LGTBI.
No acto contaremos coas intervencións de tres rapazas do Servizo LGTBI do IES Politécnico de Vigo que nos falarán desta iniciativa pioneira nun instituto da nosa comarca; así como da súa experiencia persoal.
Galiza Nova, unha vez máis, estará defendendo, formando e informando sobre os dereitos do colectivo LGTBI na Galiza.
Contamos contigo porque a loita para construírmos unha Galiza Diversa continúa.