Loitamos por unha Galiza feminista

insubmisas28 de setembro: Día Internacional pola Despenalización do Aborto e dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos.

No V Encontro Feminista Latinoamericano celebrado en Arxentina no 1990, a Asamblea do Movimento Feminista Latinoamericano, analizando a inseguridade do aborto como a principal causa de mortalidade das mulleres, declaran o 28 de setembro como o Día pola Despenalizacion do Aborto e na Defensa dos Dereitos Sexuais e Reprodutivos. Dende entón centos de organizacións de mulleres sumáronse á campaña de presión para reclamar un dereito de todas.

Máis de 70 mil mulleres morren ao ano por abortos ilegais, sen ir máis lonxe, nos últimos anos a loita feminista en Galiza centrouse contra a caza de bruxas do PP que pretende impedir que poidamos decidir sobre os nosos propios corpos. A presión e organización das mulleres conseguiu frear a reforma integral, mais non aquela que afecta as mozas de 16 e 17 anos.

Dende Galiza Nova aprobeitamos a data de hoxe para reivindicar unha vez máis que se fomente e garanta unha educación afectivo-sexual libre de estereotipos sexistas e homófobos, que relegan ao espazo privado a sexualidade e a reproducción, e imposibilitan unha educación sexual temperá. Cando debería inculcar durante os anos formativos unha conduta sexual responsábel, con sensibilidade e equidade nas relacións entre os sexos.

Reivindicamos tamén que se respete a autonomía das mozas, sen a obriga de ter o permiso materno ou paterno. Do mesmo xeito que queremos que o aborto se garantice como prestación na rede sanitaria pública e que, polo tanto, se regule a obxeción de conciencia das y dos profesionais. Alén disto, é preciso que a interrupción do embarazo forme parte do curriculum médico na formación de novas e novos profesionais, para que poidan atender a libre decisión das mulleres sobre a súa maternidade.

Insubmisas e rebeldes sempre!