Coloquio sobre o TTIP con Suso Seixo en Compostela

img-20161020-wa0023Participa no coloquio sobre o TTIP que terá lugar na Facultade de Filosofía de Santiago de Compostela  o xoves 27 de outubro. Neste coloquio, que se desenvolverá dende ás 20:00 horas, participará o Secretario Xeral da CIG, Suso Seixo.

O TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) é un acordo que EEUU e Unión Europea negocian en segredo e que suporá un golpe brutal á soberanía dos estados, ao quedar esta supeditada aos intereses e beneficios das empresas multinacionais e que provocarán un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementais.

Para afondar máis no que é o TTIP e en como nos afecta, asiste ao coloquio o xoves 27 de outubro, ás 20h na Facultade de Filosofía de Compostela.