“FEMINISMO: ONDE, CANDO E POR QUE” EN VIGO

Este venres 17 de marzo ás 20:00h estaremos falando no Bar Cabiria (Rúa Alfonso XIII, 32) con Ana Bringas, Responsábel de Acción Feminista no BNG de Vigo e  Rebeca Cambeiro, Responsábel Nacional da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova nun coloquio que leva por título “Feminismo: onde, cando e por que”.

Desde Galiza Nova entendemos fundamental a formación feminista entre a mocidade, para podermos combater o machismo dende as capas máis novas da sociedade e para facer fronte ás actitudes machistas. Por esa razón e tras o éxito en Tui, desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova seguiranse a realizar obradoiros deste estilo en cidades e vilas de todo o país.