A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo reelixiu a Iria Custodio como responsable comarcal

A Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo reuniuse en Vigo para renovar as responsabilidades e marcar o traballo para o inicio de 2024, reelixindo a Iria Custodio, de 24 anos e natural de Redondela, para continuar como responsable comarcal.

A comarca de Vigo está nun momento de expansión e novas incorporacións, con varias localidades conformadas e bo traballo militante que a asemblea puxo en valor para manter a responsabilidade de Iria, esta asegurou sentirse “moi agradecida polo apoio e a confianza, seguirei traballando para que Galiza Nova sexa referencial na comarca de Vigo”.

A asemblea escolleu a Diego Lago como responsable de organización e nos días posteriores a asemblea LGBT escolleu a David Bouzada como responsable, ademais a comarca conta cunha ampla representación na Dirección Nacional e na permanente da organización ao ter sido eleitos Nuno Galán, Alexandre Bastero e Jose Rodríguez na pasada XVII Asemblea Nacional. Nos vindeiros días a comarca elixirá tamén á súa nova responsable de mulleres.