#Formación: Estado Islámico, imperialismo e resistencia

Galiza Nova reinaugura a publicación de novos folletos formativos nos que sintetizaremos as chaves para comprender mellor o que nos rodea.

O imperialismo, leva moitos anos querendo controlar unha zona de gran importancia estratéxica e abundante en recursos como é o Oriente Próximo. Para tal fin, teima en pretender a desestabilización desta zona a través da invasión e ou do finaciamento e lanzamento de revoltas que, a través dos medios, visten de populares.

Así, os Estados Unidos, a Unión Europea e o estado de Israel, entre outras potencias capitalistas como Arabia Saudita, participaron no financiamento e lanzamento do Estado Islámico (ISIS), que agora se tornou nunha “perfecta escusa” para a invasión e dominio da zona.

Podes ver máis abaixo o noso folleto ou ben descargalo pinchando aquí para difundilo.