“LGTBI: Loita e retos por diante” en Vigo

O vindeiro venres 29 de marzo a Asemblea Comarcal de Galiza Nova Vigo desenvolverá en Vigo, xunto con Nós Mesmas e Incómodxs e Rebeldes  un coloquio onde analizaremos e debateremos sobre os retos que ten por diante o colectivo LGBT. O coloquio terá lugar no Café de catro a catro, rúa Girona 16, vigo, ás 19:45h

Neste coloquio afondaremos na necesidade do colectivo LGTBI de definir os seus trazos propios e tamén de visibilizarse á marxe da sociedade. Precisamos de ferramentas de noso para desenvolver a loita contra a opresión heteronormativa e cissexista do sistema. Conversaremos tamén sobre como evitar caer nunha retórica baleira de contido político mantendo sempre a capacidade subversiva para destruír o cisheteropatriarcado.

Presentará Fran Gómez Carrera, da Asemblea LGBT de Galiza Nova Vigo