Desde Galiza Nova reclamamos que se amplíe o horario de apertura da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro, xa que o actual non cubre as necesidades dos e das estudantes arzuáns. O horario de apertura durante as fins de semana e nos períodos de exames é claramente insuficiente e existe demanda social par amplialo, de maneiras que as mozas e mozos arzuáns poidamos empregar este espazo municipal como sala de estudo.
Instamos a que se cumpran os horarios de apertura da Biblioteca que o Concello de Arzúa anuncia na súa páxina web, que actualmente non están a respectar, e á ampliación do horario da Biblioteca nas fins de semana e nos períodos vacacionais, nos que moitas e moitos estudantes universitarios, persoas que están opositando, etc, precisamos un espazo para estudar.
O estudantado leva anos reclamando isto, mentres o goberno de Alternativa por Arzúa mira para outro lado.
Esiximos a ampliación do horario de apertura da Biblioteca XA!
As mozas e mozos de Arzúa queremos estudar!