“LGTBI: máis alá das etiquetas” en Ribeira

A Asemblea LGTBI de Galiza Nova organiza  este sábado 27 de maio un coloquio en Ribeira baixo o título “LGTBI: máis alá das etiquetas”. Será ás 19.30h na Tapería A Recoveira (Rúa Alcalá Galiano nº4) e estará moderado por María Bará, integrante da Mesa Nacional da Asemblea LGTBI de Galiza Nova.

Neste coloquio afondaremos na necesidade do colectivo LGTBI de definir os seus trazos propios e tamén de visibilizarse á marxe da sociedade. Precisamos de ferramentas de noso para desenvolver a loita contra a opresión heteronormativa e cissexista do sistema. Conversaremos tamén sobre como evitar caer nunha retórica baleira de contido político mantendo sempre a capacidade subversiva para destruír o cisheteropatriarcado desde unha perspectiva nacional e consciente da realidade galega.

Ademais logo do coloquio contaremos coa actuación musical de Blanca & Tinta.

Leave a Reply

Your email address will not be published.