Magosto popular contra o paro e a precariedade xuvenil

Dálle o castañazo á Xunta de Galiza este venres no magosto de Galiza Nova en Lugomagosto, polas políticas antosociais e antigalegas de Feijóo e que condenan á mocidade ao paro e á emigración.

Non te perdas a festa popular que arrincará ás 19:30 horas na Praza da Soidade de Lugo. Daremos a coñecer as propostas de Galiza Nova para a creación de emprego xuvenil na Galiza, e contarase con música tradicional, postos de asociacións e por suposto, castañas de balde!

Contamos contigo!