“Xuventude e traballo precario” Mesa redonda en Vigo

O vindeiro mércores 20 de febreiro ás 20.00h estaremos no Local Social Faíca con Jéssica García, traballadora do sector dos Callcenter, con Iria Carreira, traballadora da sanidade, con Paulo Ríos, traballador de hotalaría e con Brais Ruanova, traballador do sector do comercio, nunha mesa redonda que leva por título “Xuventude e traballo precario”, organizada pola asemblea comarcal de Vigo.

Nun contexto de retrocesos dos dereitos e condicións laborais, analizaremos a situación de precariedade que vive a nosa mocidade, á que se lle nega a creación dun proxecto de vida autónomo e falaremos de como reverter e combater a precariedade laboral de xeito colectivo.