Unha ollada galega ao procés soberanista catalán

Este luns 16 de xullo, terá lugar na Librería Cartabón (r/ Urzaiz 125) a primeira palestra da III Semana da Patria Galega na cidade de Vigo. Neste encontró, contaremos con Rubén Cela, Responsábel de Relacións Internacionais na Península do BNG. Abordaremos un tema de actualidade como é o catalán, no que aproveitaremos para repasar o que está acontecendo dende fai xa varios meses e anos, así como unha reivindicación política e solidaria con todas as persoas que xa están a padecer a represión dun Estado español que non tolera a disidencia de todo o contrario ao uninacional. Lembrarémonos, por tanto, das exiliadas, das presas, das golpeadas o 1 de outubro, da represión policial, aplicación do art.155 da Constitución Española, da intervención por parte do estado de medios de comunicación públicos ou identificadas a persoas por colar cartaces… De todas elas.

Mais o acto será unha ollada galega ao procés. Que podemos aprender da experiencia catalá? Como podemos axudar dende o noso País? Que nos queda por percorrer até chegar ao mesmo punto que a irmá Catalunya, e que temos percorrido xa? Que motivos teríamos para seguir uns pasos similares aos que gran parte sociedade catalá decidiu tomar?

Animámosvos a achegarvos o luns á Libraría Cartabón para poder falar e debater entre todas sobre a actualidade catalá e a actualidade das nacións sen Estado do Estado español. De seguro que somos quen de aprender as unhas das outras.