Visita á Illa de San Simón

San Simón Aérea_02Galiza Nova organiza unha xornada en Vilaboa e San Simón para dar a coñecer a represión sufrida no interior da Galiza polo españolismo e o fascismo, visitando lugares da represión como foi o campo de concentración situado na Illa de San Simón, na Ría de Vigo. No marcos das actividades polo Día da Galiza Mártir, e en homenaxe a todas as vítimas do fascismo, Galiza Nova organiza o vindeiro sábado 20 de agosto a xornada cuxa programación é a que segue:

– 10:45h embarque no peirao de San Hadrián de Cobres (Vilaboa)
– Visita guiada a San Simón a cargo de Regaduxa – memoria histórica
– 13:00 regreso a Vilaboa, homenaxe e charla con Eugenia Rei, filla dun dos presos de San Simón

O barco e todas as actividades son de balde, para participar só tes que enviar un email cos teus datos e contacto ao nacional@galizanova.gal