Na última semana presenciamos como o estado español quitou a careta definitivamente e se visualizou como o que é, un réxime antidemocrático e autoritario.
A resposta a que máis de dous millons de cataláns e catalás votaran o pasado 1 de outubro pola súa independencia é a supresión da súa autonomía e o cese dun goberno democrático escollido polo pobo catalán, pasando a gobernar Catalunya o goberno do PP e de Mariano Rajoy, cunha porcentaxe de voto ínfima no territorio catalán, isto é un novo golpe á democracia.
Este non é un ataque só cara o pobo catalán, senón que é unha advertencia por parte do goberno español a todas as nacións. O sistema non permitirá por ningunha vía o camiño de ningunha de nós cara a nosa soberanía. É por iso que dende a plataforma Galiza con Catalunya convocamos mobilizacións este venres 27 ás 20:00 nos principais concellos do país.