Galiza perde 100.000 moz@s en tres anos e Feijóo mófase de nós!

feiFeijóo mófase da mocidade para anunciar a nova cortina de fume do seu goberno perante o problema da emigración xuvenil que o mesmo PP está a causar.

Este xoves, segundo afirmou Feijóo, o Consello da Xunta aprobará o primeiro plano de emprego xuvenil do período do PP acompañado dun investimento para formar ás e aos menores de 30 anos, xa que a maioría deles “ten un déficit de formación” en palabras do Presidente da Xunta.

Anunciou así mesmo unha inversión en “formación, contratación e emprendemento” entre os menores de 30 anos de 100 millóns, cando os recortes que el mesmo ten ordenado na Universidade pública son moi superiores a esta cifra ou cando están a desmantelar os centros de ensino e formación públicos. O que Feijóo non di é que máis de 70 moz@s de entre 20 e 34 anos están a emigrar ao día da Galiza e 80.000 fixéronno nos últimos 4 anos, pese a pertencer á xeración mellor formada da historia de Galiza; é por tanto un problema de destrución de postos de traballo debido á crise e ao auxe do sistema capitalista, e das políticas antisociais e centralistas do PP que empobrecen ás maiorías socias e a Galiza. 

O presidente da Xunta é un experto en tirar balóns fóra, pois el e o seu partido son os principais responsábeis da destrución das posiblidades de traballo na Galiza e da emigración da mocidade galega, que segundo os datos feitos públicos pola CIG no seu Informe do Mercado de Traballo en Galiza no ano 2013, o noso País perdeu en tres anos a 100.000 persoas que emigraron de entre 15 a 35 anos.