Galiza Nova anima a toda a mocidade a mobilizarse contra as verteduras da mina de San Finx na Ría de Muros e Noia!
O vindeiro sábado 29 de maio, ás 12:00h, diante de San Caetano, terá lugar unha manifestación convocada pola plataforma contra os verquidos da mina de San Finx para defender os intereses da veciñanza da Ría de Muros e Noia fronte a unha decisión -tomada pola Xunta do Partido Popular- que supoñerá un impacto ambiental e económico sen precedentes na comarca.
A mina de San Finx incumple a normativa dende 2009 e a autorización das verteduras da mesma carecen de autorización ambiental, polo que pode causar un dano irreparable medioambiental e económicamente, ao atoparse a mina a tan só 7km da ría co banco marisqueiro máis importante de Galiza.
A mocidade galega temos claro que non imos permitir que a Xunta de Galiza decida seguir beneficiando a grandes empresas con consecuencias nocivas para as maiorías sociais.
Por unha ría limpa, pola defensa dos nosos sectores productivos, vémonos en Compostela o vindeiro 29 de abril!
Non tes como ir?
Aquí che deixamos os autobuses que ofrece a cofradía:
Saída MUROS: 10:00h (diante quiosco Roquiño, Autos Comparado)
- Cruce S. Comba (a Tremenda)
- Bar Paca (despois gasolineira)
- Abelleira (parada autobuses)
- Tal (Bar caxuto)
- Pasa por Esteiro (diante do Carmiña)
- O Freixo (diante da de Martínez, antigo Correos)
- Siavo (parada autobuses, marquesina)
- Catasueiro (parada autobuses, marquesina)
- S. Cosme (diante do carballés e en Vara)
- Cruceiro de Roo (diante do Cruceiro)
- Brión (enfrente parada autobuses)
- Serra de Outes (enfrente parada de taxis)
- Ribasdemar (enfrente parada de autobuses, marquesina)
Volta: igual percorrido a partir das 14:00h
Saída PORTO DO SON: 10:00h Queiruga (parada autobuses, marquesina, Autos Comparado)
- Pista Nadelas
- Tarrío (Bar Constantino)
- Campos (parada autobuses)
- Baroña (parada autobuses, marquesina)
- Abuín (parada autobuses, marquesina)
- Arnela (Bar Pino)
- Porto do Son (parada autobuses, estrada xeral, marquesina)
- Nebra (curce enfrente Universal)
- Portosín (parada autobuses, estrada xeral, Bar Amigo)
- Boa (diante Bar Fontinas)
Volta: igual percorrido en sentido contrario dende as 14:00h
Saída NOIA: 10:30h (estación autobuses Noia, Autos Dosil)