Non ao enaltecemento das forzas armadas en Tui! Fóra exército español da Galiza!

anO vindeiro domingo día 5 de outubro, o Partido Popular de Tui, vaise permitir o luxo de destinar cartos públicos a gastos militares, mentres necesidades sociais tan imperiosas como o ensino público, atención á dependencia, sanidade, etc. non son prioritarias para o Goberno español do PP, nun vergoñento acto, sendo Tui escenario dunha xura de bandeira do exército de terra no Paseo da Corredoira.

Dende Galiza Nova e o BNG defendemos o antimilitarismo, o desarme,a cultura de paz, o internacionalismo, o antiimperialismo, tratando de atopar camiños inmediatos para o desarme e a abolición dos exércitos, tendo un motor ético e político de non violencia.

Por iso dende Galiza Nova do Baixo Miño, non podemos máis que amosar a nosa repulsa a este tipo de actos públicos, e, gostaríanos que o Partido Popular culpábel da situación municipal nefasta, alonxase as súas ansias bélicas das nosas rúas.