Obradoiros e proxeccións na Costa da Morte contra o terrorismo machista

10593038_314763585381858_2942353293434232436_nAnimámoste a participar das actividades que na Costa da Morte desenvolverá a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova e a Comisión de Acción Feminista do BNG para concienciar á mocidade da comarca da importancia de acabar co machismo e as súas consecuencias na sociedade.

– [Obradoiro sobre micromachismos] no bar Pedrapás (no porto de Lira), o venres 21 ás 21:00h

– [Proxeción e foro de debate posterior] no Salón de Actos do Concello de Carnota, o martes 25 ás 20:30h

As mulleres nacionalistas consideramos que a violencia machista son todos os comportamentos e accións que coaccionan, limitan, restrinxen as liberdades das mulleres e tamén a súa propia dignidade. A loita contra esta violencia non pode quedar reducida a un día, nin a un mes, nin tan siquera a un só ano, porque é unha loita que se ten que levar a diario para facela evidente e para mostrar que, practicamente, todas as mulleres estamos sometidas dunha maneira ou doutra a ela. O Día Internacional contra a Violencia de Xénero deben ser tódolos días. Desde a nosa organización decidimos centrarnos desta volta nos micromachismos, a violencia invisíbel que nos rodea e que son parte desta lacra que temos que erradicar, con accións coma estas, e por suposto, nas institucións, xa que a violencia machista non é unha cuestión privada, é unha cuestión pública e política.

Está nas nosas mans. BASTA DE TERRORISMO MACHISTA!