
Por vez primeira na historia dende o século IX, o galego non é a lingua de uso cotián da maioría dos e das galegas. Se observamos as estatísticas, non é moi complicado decatarse da tendencia á baixa destes últimos anos no seu emprego, abranguendo actualmente un 40% da poboación total do noso país -segundo datos debullados polo Instituto Galego de Estatística-, e acentuándose notoriamente esta problemática cando á cidade nos referimos.
O relevo xeracional no ámbito urbano vese agravado polos prexuízos que dende fai anos rodean o galego e que, aínda que semelle incríbel, aínda hoxe imperan en moitos rapaces e rapazas novas. Acotío intentan convencernos de que “el gallego no sirve para nada” ou que “es de paletos”, mais nada disto é verdade. Co galego podemos comunicarnos con máis de 300 millóns de persoas da comunidade lusófona sen necesidade do inglés ou o castelán, percorrendo diversas nacións e culturas como Portugal, Brasil, Angola, Mozambique, Guinea-Bissau, Cabo Verde, Timor Leste, Macau-China… entendendo e facéndonos entender sen problemas. Asemade, é sinónimo de cultura. A nosa literatura é recoñecida en todo o mundo e o volume de obras literarias galegas traducidas a outras linguas vai en aumento, ao igual que a producción teatral e audiovisual, bandas e grupos de música que traspasan fronteiras… e todo isto nun panorama dominado polos medios de comunicación de masas, sendo quen de superar as trabas impostas e amosando a riqueza cultural que posúe o noso país, con xente que nunca renunciou á lingua.
O relevo xeracional no ámbito urbano vese agravado polos prexuízos que dende fai anos rodean o galego e que, aínda que semelle incríbel, aínda hoxe imperan en moitos rapaces e rapazas novas.
Quen non escoitou algunha vez comentarios como “¿y tú, por qué hablas gallego?” -cando a pregunta debería ser “e eu, por que non o falo?”– ou “a mí me encantaría hablar en gallego, pero hablo fatal”, sen decatarse que só practicando se aprende, que a riqueza do noso idioma precisamente radica en que non hai dous galegos iguais, e que o único incorrecto é aquel que non se fala. É duro ser o único rapaz galegofalante no teu grupo de amigos ou no teu instituto, e ver como en vez de recibir apoios o único que te atopas son pedras no caminho. Trabas como o non dispoñer de exames en galego, ter que recurrir ao castelán para axilizar trámites administrativos ou mesmo ter que renunciar á lingua para atopar emprego, dificultan o dar o paso a desenvolverte en todos os ámbitos plenamente na nosa lingua.
Quen non escoitou algunha vez comentarios como “¿y tú, por qué hablas gallego?” -cando a pregunta debería ser “e eu, por que non o falo?”- ou “a mí me encantaría hablar en gallego, pero hablo fatal”, sen decatarse que só practicando se aprende, que a riqueza do noso idioma precisamente radica en que non hai dous galegos iguais, e que o único incorrecto é aquel que non se fala.
A mocidade sabe falar, ler e escribir en galego, e mesmo en ocasións presenta unha grande predisposición, mais non o emprega por mor do medo a non encaixar e non ser aceptados en espazos nos que impera o castelán, creando barreiras psicolóxicas difíciles de salvar. Isto vese favorecido por contextos como a escola, a cal supón a, día de hoxe, un importante axente desgaleguizador. Son moitos xa os casos de cativos que educados en galego, deixan de falar no idioma que lles é propio ao atopárense nun ambiente fortemente castelanizado, promovido polas políticas españolizadoras do Partido Popular, que dende a chegada de Feijoó á Xunta no 2009, non dubidaron en atentar contra o idioma nas aulas. Estas tentativas materializáronse na reforma educativa LOMCE, pola cal vemos como non só se degrada a lingua ao último plano educativo, senón que reduce as horas lectivas en galego entre 10 e 13 horas semanais -dependendo da modalidade- e desaparece das materias científico-técnicas.
A lingua representa un dos patrimonios inmateriais máis grandes que temos e é un dos símbolos que nos identifica como nación. Non podemos manternos impasíbeis fronte aqueles que queren ver como morre a nosa fala, fronte aos que buscan eliminar os nosos sinais de identidade e arrasar cos trazos que nos diferenzan como pobo. En palabras de Manuel María:
“O pobo que deixa perder a súa palabra
creada, herdada, usada, revelada,
a que é únicamente súa,
está empobrecendo o mundo
e perpetuando o seu propio xenocidio.”
Por isto, dende Galiza Nova, afirmamos que temos que ser quen de rachar con estas dinámicas de abandono da lingua loitando a diario contra aqueles que pretenden que fiquemos calados e caladas. Porque se queremos perpetuar a súa supervivencia, non hai maior feito de rebeldía cara o sistema que falar en galego. E ti, a que esperas? Rebélate, fala galego!
Que prexuizos ni que hostias, la cantidad de gallegoparlantes sigue, y seguirá bajando, por las ganas que tienen de metèrnoslo hasta por las orejas. No es ppr miedo a la discriminación di contestamos en castellano cuando alguien nos habla en ese idioma, sino por educación, algo de lo que mucho “galleguista” carece. Y no, no estoy en contra del gallego,ojo. Estoy en contra de esa mentalidad victimista que intenta imponerle a la juventud su lengua porque se sienten oprimidos. Aprended a respetar la voluntad de cada quien y os irá mejor.
Primeiro, os cativos non teñen voluntade suficiente para saber que queren falar e a sociedade a que di o que “se tiene que hablar”. De lonxe que o galego non é respetado, mais ainda, é apaleado en todalas instanzas. E se non o ves, alá ti. E esto dicho unha galega emigrada a cataluña que agora tamen fala catalan, porque se hai unha cousa importante no mundo son as linguas e a cultura. Mira a ver se che falta algo diso. Saudos
O que nos meten polas orellas é o castelán, hai unha inmesa chea de medios en castelán, webs en castelán, e está máis que demostrado que o castelán non se vai perder pois en castilla o seguirán a empegar.
Falas de ter educación e falar en castelán por que che falan en castelán, mais paradóxicamente, chegas a unha web galega e en galego, e escribes en castelán, vamos que eres un troll que nos quere faltar ao respeto entón?
Dices que somos de mentalidade victimista por que temos que ser tratados en castelán cando a nosa lingua é o galego, mais se o galego non se ensina nas escolas e a xente non o emprega nos eidos cotians, inda que sexa a partes iguáis co idioma imposto dende Madrid. Como garantimos que os futuros funcionarios ou empregados do sector privado, nos seus postos de traballo empreguen o galego cando os galegos falantes vaios facer trámites ou contratar servizos, garantindo así esa liberdade de elección e uso das linguas oficiáis de Galiza ?
O teu comentario é un bo exemplo de cómo faltades ao respeto algunhas persoas adoctrinadas polo sistema castelán que tanto impera nos eidos do ocio e económicos.
Segio. Non é victimista. É a verdade o que están contando. Nuha aula dunha escola calquera o galego reduciuse drásticamente en case todas as asignaturas. As únicas que son en Galego son Xeografia e Historia e Galego ou polo menos na maioria das escolas de Ferrolterra. Preguntalle a calquera que fale mais en castelán que en Galego e aposto que a gran maioria dirá: “bueno, esque también es un idioma del rural no?” Ou ” es el idioma de los ancianos “. Isto é unha realidade e o que pasa é que a xente que ten eses prexuizos coma tí non o queredes admitir por que vos sentides culpables e preferides acusar a os de distinto pensamento.
Eu non son galego ,teño familia e descendencia galega e estou a aprender galego, paréceme asombroso que non se tente facer todo o posible por que todos os galegos falen e escriban na súa lingua…. hai que dar mais cana ao asunto, Síntoo pero posiblemente podria utilizar palabras que teñen a súa version en galego pero aínda estou a aprender…
Eu son da creencia de que nunca debes pedir disculpas polo idioma no que fales, a túa dedicación a aprenderes galego é encomiablel, pola miña experiencia propia a maioría das personas galego falantes sempre agradecen o intento de falalo, inda que se empregue con unha “intoxicación” dos medios masivos casteláns o importante é que ao empregalo galego estás a axudar en que non se volva unha lingua morta, e coa práctica irás aprendendo máis, de tódolos xeitos o teu comentario eu o leo moi galego 🙂
Sinceramente… hai que dar explicacións de por que un fala galego a quen cho pregunte??
haha a min cando me pasa algo así, sinxelamente fago como se non escoitara tal pregunta e sigo falando en galego, ao final esa pregunta xorde dos remordementos que o sistema castelán implanta de eso de só coñecer un idioma, cando vivimos noutros paises vemos cómo nas súas televisións as series de demáis non se dobran a lingua local, se non que se subtitulan, os seus gobernos non teñen medo a que xente “se escape” ou se decate de que o mundo é moito máis grande que os seus condominios e existen moitas culturas e linguas diferentes das que sempre é curioso aprenderes algo novo.